Ir arriba
Alfesan - construccións, reformas e interiorismo

SERVIZOS ALFESAN

Construción e reformas

Os servizos de construción e reformas están enfocados principalmente á obra privada, obra pública, xestión de comunidades de veciños, tamén ofrecemos diferentes servizos adicionais co fin de poder abarcar todo o proceso de construción, reforma ou rehabilitación.

Co paso do tempo e ante a demanda dos nosos clientes, fomos innovando, non só no ámbito das nosas infraestruturas (para poder levar a acabo os nosos proxectos), senón tamén, en poder proporcionar todos os servizos posibles para a súa maior comodidade.

Obra privada:

  • Construción de vivenda nova
  • Promoción
  • Pavimentos: lastra, formigón, empedrados...
  • Reformas: baños, cociñas, pisos, locais comerciais, cubertas, fachadas...

Obra pública:

  • Rede de saneamentos
  • Complexos deportivos
  • Pavimentos
  • Rutas de sendeirismo

Xestión de comunidades de veciños:

  • Fachadas
  • Cubertas
  • Pintura
  • Varios

Multiservizos:

  • Enxeñería
  • Carpintería
  • Fontanería
  • Electricidade
  • Pintura
  • Pladur

Por que escoller Alfesan?

Construccións Alfesan

25 anos no Sector: levamos un cuarto de século no ámbito da construción e a reforma levando acabo numerosos proxectos non só no ámbito privado senón tamén no público o que nos reafirma como unha empresa fiable e seria coas nosas obras como mellor aval.

Asesoramento: á hora de emprender un novo proxecto poñemos a disposición dos nosos clientes os nosos mellores avances tecnolóxicos e técnicos, analizando a obra in situ, elaboración de planos, visualización de deseño 3D e mesmo a elección dos diferentes tipos de materiais e acabados por parte dos nosos clientes.

Orzo: Elaboraremos un orzamento detallado, completo e totalmente gratuíto do proxecto que nos abarca proporcionando así ao cliente unha proposta o máis económica e precisa posible, sempre aberta a calquera variación.

Profesionalidade: en Alfesan gústannos os traballos ben realizados e a satisfacción dos nosos clientes, por iso dotamos á empresa dos máis e mellores profesionais para proporcionar o mellor acabado aos nosos traballos poñendo o noso maior esmero e coidando ata o mínimo detalle.

Calidade: analizamos cada obra con detemento para coñecer as súas necesidades, dotándoa cos mellores materiais para que así sexa unha garantía de futuro.

Seriedade: quizais sexa un dos mellores cualificativos que caracterizou a esta empresa durante as súas máis de 25 anos, caracterizámonos por ser unha empresa seria, respectando os prazos de entrega, orzamentos, execución de obra, garantía, calidade entre outras moitas cousas, para así proporcionar aos nosos clientes a máxima tranquilidade e seguridade que unha empresa debe achegar.

Garantía: respondemos por cada un dos nosos produtos utilizados e traballos realizados.

SERVIZOS ALFESAN

Servizos - Obra privada

Obra privada

Construción de vivenda nova, pavimentos, reformas, promocións, rehabilitación, casas pasivas, etc.

Servizos - Obra pública

Obra pública

Traballos realizados en complexos deportivos, rede de saneamento, rutas de sendeirismo, pavimentos, etc.

Servizos - Xestión de comunidades

Xestión de comunidades

Estamos especializados en obras para comunidades de veciños como fachadas, cubertas, pintura, etc.

Servizos - Multiservizos

Multiservizos

Ademais ofrecemos servizos de enxeñería, carpintería, fontanería, electriciad, pladur, etc.

Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.