Ir arriba
Alfesan - construccións, reformas e interiorismo

CONSTRUCCIONES ALFESAN

Rehabilitación e interiorismo

Construcciones Alfesan

Somos unha empresa dedicada ao ámbito da construción e o interiorismo, as nosas solucións abarcan todo o proceso construtivo, desde o seu deseño e planificación ata a súa execución. A nosa área de traballo céntrase sobre todo nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra, chegando tamén a desempeñar obras en toda a comunidade autónoma de Galicia.

O compromiso cos nosos clientes reflexa os nosos valores, valores que cremos esenciais, como son: seriedade, atención ao detalle, asesoramento personalizado e responsabilidade, todo elo, unido á busca da calidade, procurando así, que a inversión dos nosos clientes lles reporte garantías de solidez, a maior durabilidade e resistencia posíbeis e contribua ao seu benestar e satisfacción.

Dende Alfesan envorcámonos en cada proxecto como único, tomándoo como propio, en todas e cada unha das fases construtivas, dende a súa concepción até a súa finalización, ofrecendo as mellores solucións profesionais, materiais e económicas, dotando a cada proxecto do mellor equipo humano, permítenos conectar coas necesidades do cliente e así poder plasmar o proxecto que ten en mente.

Presentámonos como unha empresa dinámica, innovadora, sólida, diferente? podendo ofertar un servizo integral á hora de afrontar calquera proceso construtivo, para a súa comodidade e tranquilidade.

Historia

No ano 1988 nace a empresa Construcións Alfesan con sede no municipio ourensán de Quintela de Leirado. Alfesan, nace da vontade de dúas persoas empeñadas en facer da calidade o seu estandarte, impregnando os seus proxectos de construción con entusiasmo e dedicación.

Ao comezo a súa actividade estaría dedicada meramente a pequenas e medianas remodelacións. É na década dos noventa, concretamente a partir do ano 1992 cando a empresa empeza a abarcar obras de maior rango como a construción de vivendas unifamiliares, edificacións, etc.

Ao longo de a década dos 90 e principios dos 2000 tamén comezaría a súa actividade no ámbito das obras públicas, chegando a traballar para diversos entes de carácter público, desempeñando obras de saneamento, pistas deportivas, pavimentación entre outras.

Desde finais da década dos 2000 ata os nosos días, a empresa embárcase nunha ambiciosa remodelación, modernizando a súa imaxe de marca e propiciando a expansión da súa actividade, abarcando obras de rehabilitación de vivendas antigas, reforma de vivendas, locais comerciais, reforma integral e multiservicio, podendo ofertar aos nosos clientes todos e cada un dos procesos construtivos.

Rodeámonos dos mellores profesionais para a execución de cada proxecto, así como os avances, tanto en maquinaria como en produtos de calidade, o que nos permite que as nosas obras perduren co paso do tempo e miremos ao futuro con optimismo.

SERVIZOS ALFESAN

Servizos - Obra privada

Obra privada

Construción de vivenda nova, pavimentos, reformas, promocións, rehabilitación, casas pasivas, etc.

Servizos - Obra pública

Obra pública

Traballos realizados en complexos deportivos, rede de saneamento, rutas de sendeirismo, pavimentos, etc.

Servizos - Xestión de comunidades

Xestión de comunidades

Estamos especializados en obras para comunidades de veciños como fachadas, cubertas, pintura, etc.

Servizos - Multiservizos

Multiservizos

Ademais ofrecemos servizos de enxeñería, carpintería, fontanería, electriciad, pladur, etc.

Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.