Ir arriba
Alfesan - construccións, reformas e interiorismo

NOTICIAS ALFESAN

Construción e reformas

DECONETFLIX

Compartir en WhatsApp
DECONETFLIX
Construcións Alfesan

Sabemos que che gústa ver o programa de reformas de Divinity, o finde non fas outra cousa que mantiña té e vexo a ver con que nos saen esta vez os famosos xemelgos mais famosos da TV. Xa estás familiarizado coa expresions: concepto aberto, cociña con illa ou hai unha tubería que hai que mover e incrementanos o presuposto. Eres unha destas persoas que lle gusta a creatividade e ve estes programas como forma de entretemento e inspiración. Se reunes todos os requisiños que mencionei anteriormente e ademais tes Netflix, e se non os reunes pero tes Netflix, propoñémosche unha serie de programas e doscumentais interesantes sobre deseño, interiorismo, contrucción e arquitectura, así que, este sábado xa tes mais opcións para formarte no gremio.

Abstract

Documental sobre os principios do deseño, as veces faise algo denso pero aprendese moito sobre o proceso que seguen famosos deseñadores para dar vida as obras e proxectos que teñen na mente, sinxelamente fainos ver que o proceso de deseño non é tan sinxelo como parece e que realmente se necesita práctica, observación e abstracción para levar a cabo estas ideas creativas. Cada capítulo un deseñador conta a súa historia, hai deseñadores gráficos, deseñasores de zapatillas, interioristas...

The World,s Most Extraordinary Homes ( As casas mais extraordinarias do mundo)

Neste caso o Arquitecto premiado Pierss Taylor e a actriz fanática das propiedades Caroline Quentin, neste documental da BBC, lévanos polas casas mais impresionantes do mundo, autenticas obras de arquitectura e innovación que nos deixan ca boca aberta, as localizacións das casas tamén adoitan ser de impresión, e moitas veces a localización inflúe moito na concepción do deseño da casa, facendoa integrar perfectamente na paisaxe. Documental entretido e que te deixará en shock.

Grand Designs (Grandes Deseños)

Outro documental ou programa sobre arquitectura e contrucción. Este está mais orientado a ver o proceso polo que pasan os donos para facer unha casa. O narrador vai explicando como se constrúe a casa, como deseñan o interior e que problemas lle aparecen no proceso, que non son poucos, como non, aquí tamén aparece a palabra incremento de orzamento que é un clásico nestes programas. Van contando o proceso, e vese como vai avanzando a obra, o cal é un punto interesante, tamén explica algo dos materiais e das técnicas de construcción que se utilizan, é un pouco mais didáctico ca o anterior documental.

The Great Interior Design Challenge ( O Gran Reto de Deseño Interior)

Este programa é mais dinámico e vai enfocado como unha competición ou concuso sobre interioristas, é interiorismo puro e duro non interiorismo comercial como, por exemplo o programa de Divinity. O programa é moi entretido, dispón de probas tamén e os deseñadores teñen que convencer aos clientes, formular un deseño acorde con eles, desenvolver unha temática, crear novos produtos de decoración, pintar...e. Neste programa vese a frustración , a gran inventiva para sair dos problemas e a gran creatividade dos concursantes. Como é de esperar van competindo e van eliminándose conforme pasan as rondas, asi que  aquí un erro pode ser fatal.

Estes son programas  que che farán aprender e desenvolver a túa creatividade ao mesmo tempo que desfrutas dunha tarde de relax con Netflix. Esperamos que vos gusten e que desperten a curiosidade por este sector que é impresionante e ten moito que dar.
 

Galería de fotos:
DECONETFLIX DECONETFLIX DECONETFLIX DECONETFLIX

SERVIZOS ALFESAN

Servizos - Obra privada

Obra privada

Construción de vivenda nova, pavimentos, reformas, promocións, rehabilitación, etc.

Servizos - Obra pública

Obra pública

Traballos realizados en complexos deportivos, rede de saneamento, rutas de sendeirismo, pavimentos, etc.

Servizos - Xestión de comunidades

Xestión de comunidades

Estamos especializados en obras para comunidades de veciños como fachadas, cubertas, pintura, etc.

Servizos - Multiservizos

Multiservizos

Ademais ofrecemos servizos de enxeñería, carpintería, fontanería, electriciad, pladur, etc.

Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.