Ir arriba
Alfesan - construccións, reformas e interiorismo

CONSTRUCIÓNS ALFESAN

Especialistas en construcións e reformas

Somos unha empresa fundada no ano 1988, dedicámonos á construción, rehabilitación e interiorismo, para iso contamos cun equipo de profesionais, cuxa formación e experiencia, permítenos abarcar os proxectos desde o deseño e a planificación, ata a execución íntegra dos mesmos.

Desempeñamos a nosa actividade, principalmente, no sector privado (casas, chalés e edificios residenciais, instalacións comerciais, deseño de interiores, rehabilitación, etc.) pero tamén, plasmamos a nosa filosofía, no sector público (rede de saneamento, pavimentado, rutas de sendeirismo, etc.). A nosa carta de presentación son os nosos traballos e a satisfacción dos nosos clientes é a nosa meta, coidamos ata o último detalle en cada un dos nosos proxectos, primamos calidade e tempo de execución.

Desenvolvemos o noso traballo, principalmente, nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra, chegando tamén a outros puntos ao longo da comunidade autónoma de Galicia

Pode solicitar un orzamento a medida de calquera servizo de construción que desenvolvemos, desde unha mellora (tanto interior como exterior) dun inmoble ou local comercial, ata un servizo chave en man. Adaptámonos ás súas necesidades e asesorámoslle sobre as mellores posibilidades en canto a deseño, calidade e prezo.

Se o que está a buscar é unha empresa seria, con ampla experiencia e avalada pola súa traxectoria, por multitude de clientes satisfeitos, nós somos a empresa adecuada para axudarlle a cumprir os seus soños.

SERVIZOS ALFESAN

Servizos - Obra privada

Obra privada

Construción de vivenda nova, pavimentos, reformas, promocións, rehabilitación, etc.

Servizos - Obra pública

Obra pública

Traballos realizados en complexos deportivos, rede de saneamento, rutas de sendeirismo, pavimentos, etc.

Servizos - Xestión de comunidades

Xestión de comunidades

Estamos especializados en obras para comunidades de veciños como fachadas, cubertas, pintura, etc.

Servizos - Multiservizos

Multiservizos

Ademais ofrecemos servizos de enxeñería, carpintería, fontanería, electriciad, pladur, etc.

Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.