Ir arriba
Alfesan - construccións, reformas e interiorismo

NOTICIAS ALFESAN

Construción e reformas

Grazas

Compartir:

Grazas
Construcións Alfesan

Despois de que pasar a resaca de estrear a páxina web, temos que seguir adiante e, antes de empezar a actualizar o blogue con temas relacionados coa construción, queremos pararnos un minuto e agradecer a todas as persoas que fan posible este proxecto que é Alfesan.

Queremos agradecer aos nosos clientes, por darnos a oportunidade e confiar en nós, está claro que sen eles non teriamos razón de ser. Eles coa súa confianza dannos ánimos para seguir adiante e seguir apostando pola calidade e o bo facer. Poñemos esmero no resultado final e que o que construimos,non guste, senón que encante.

Ás persoas que traballan por e para Alfesan, achegando as súas calidades, tanto persoais como profesionais, son eles os que nos permiten destacar, ser un proxecto único e distinto entre tantas opcións que existen no mercado. Grazas a eles as obras son realizadas con precisión e detalle.

Aos nosos provedores que nos aseguran produtos de calidade, asegúrannos poder seguir traballando como o fixemos ata agora e están ahí sempre que os necesitamos. Axúdannos construír obras que resisten o paso do tempo.

A grupo5.com que nos permitiu deseñar unha web, unha xanela desde a que poder mostrar o que facemos, coa súa profesionalidade, a súa atención e a súa experiencia fixeron posible que Alfesan teña máis visibilidade que teña unha páxina mostrando o que somos.

Grazas a todos os que nos seguides nas redes sociais e compartides, ledes e apoiades. Estades a expandir e dando a coñecer o noso duro traballo e a nosa dedicación.Permitides que cheguemos a máis xente.

Grazas a toda esta xente podemos estar orgullosos do que somos e do que ofrecemos. Con eles podemos darvos os mellores servizos, asesorarvos nas mellores decisións e realizar as vosas reformas co mellores produtos.

Alfesan espera crecer con todos vós e para todos vós e esperamos que sigades axudándonos como ata agora fixéstelo. Porque sen todos vós non non teriamos sentido como organización.

 

Galería de fotos:
Grazas Grazas

SERVIZOS ALFESAN

Servizos - Obra privada

Obra privada

Construción de vivenda nova, pavimentos, reformas, promocións, rehabilitación, casas pasivas, etc.

Servizos - Obra pública

Obra pública

Traballos realizados en complexos deportivos, rede de saneamento, rutas de sendeirismo, pavimentos, etc.

Servizos - Xestión de comunidades

Xestión de comunidades

Estamos especializados en obras para comunidades de veciños como fachadas, cubertas, pintura, etc.

Servizos - Multiservizos

Multiservizos

Ademais ofrecemos servizos de enxeñería, carpintería, fontanería, electriciad, pladur, etc.

Solicítenos orzamento sen ningún compromiso pulsando aquí

As cookies permítennos ofrecer os nosos servizos. Ao utilizar os nosos servizos, acéptase o uso que facemos das cookies. ACEPTAR  pulsar aqui para máis información.